sábado, 19 de enero de 2013

LINGUA GALEGA.OS PRONOMES PERSOAIS

COPIA E PEGA NO TEU PROCESADOR DE TEXTOS E LOGO MARCA EN VERMELLO OS PRONOMES PERSOIS QUE  ATOPES NAS SEGUINTES FRASES.

  1. Quen vos contou onte iso?
  2. Encontreivos na casa almorzando.
  3. Nunca volo ensinarei!
  4. Xa se decidira a iso cando vós chegastes.
  5. Non mas poñas aí que estorban.
  6. Ti escribe o que che pareza.
  7. Déillelas porque non me servían.
  8. Eles lavábanse sempre usando xabón do caro.
  9. Non chas quería nin regaladas.
  10. Vostede faga o que queira.
  11. Comigo aprenderás moito; logo, explicarasllo ao teu irmán.
  12. Se non te convence, únete a nós.
  13. Xa che llelo emprestei onte.
  14. Caéuchevos unha pedra grandísima.
  15. A ela recolleuna seu pai.
  16. Non lles teñas medo, que non te van comer.
  17. Vós nunca vos decatades do que pasa.
  18. Se mos deixas ver, douche un caramelo.
  19. Fanse moitas cousas ao revés.
  20. Anda a convencerse a si mesmo.
  21. Veuno traer onte cando te ías.
  22. Convosco, nós nunca chegaremos a nada.
  23. Escapouche o can? Pois déixao ir en paz.
  24. Moito lle me gusta o caldo de nabizas.
  25. O mellor será deixalos quedar así.
  26. Este can non che me come nada

No hay comentarios:

Publicar un comentario