viernes, 16 de septiembre de 2011

miércoles, 14 de septiembre de 2011

COMPRENSIÓN LECTORA. Lengua Castellana

Vamos a realizar unas actividades de comprensión lectora. Tienes que leer muy despacio los textos, tratando de comprenderlos bien para realizar las actividades que se proponen. Empezamos pinchando este ENLACE de actividades Jclic elaborado por D. Juan Manuel García Fernández de Colegio Alemán Alberto Durero de Sevilla, a quien le damos gracias.

martes, 13 de septiembre de 2011

A LAGOA DE COSPEITO



              No lugar no que hoxe se atopa a lagoa de Cospeito, existiu nun tempo unha vila que chamaban Valverde. Disque a esta vila chegou un día un mendigo pedindo pousada, pero todas as portas se ían pechando ao seu paso. Ata que, xa ás aforas do lugar, foi acollido nunha casiña humilde, onde lle deron abrigo. O mendigo pediu que polo amor de Deus lle desen tamén algo de comer, pero os veciños só tiñan unha becerra no cortello, a súa única forma de manutención. Así e todo, decidiron sacrificala para darlle comida a aquel pobre home.
               Logo de cear, o visitante díxolles aos da casa que antes de se deitar, botasen os ósos pequenos da becerra no cortello pequeno, e os grandes no cortello grande; malia que non entendían a razón decidiron facelo así e foron durmir.
               Ao día seguinte, ao mencer, o mendigo despertou a berros aos da casa pedíndolles leite para o almorzo. Os veciños pensaban que toleara e lembráronlle que o único animal que tiñan o mataran a noite anterior para darlle algo de cear. Pero o mendigo respondeulles: «¡Claro que tedes vacas que munxir! E iso é tan certo como que a vila de Valverde fica asolagada». Asombrados, os donos da casa foron aos cortellos e atoparon no pequeno varias becerras e no grande varias vacas. Logo miraron fóra e viron que a vila de Valverde fora efectivamente  asolagada. Hoxe é a lagoa de Cospeito  Hai quen di que aquel mendigo non era outro que Xesús Cristo, que andaba a comprobar a xenerosidade dos homes. E hai quen di que nas noites de San Xoán pódense escoitar preto da lagoa as badaladas da igrexa de Valverde. e ata hai quen asegura ter visto en épocas de sequía os tellados da vella vila de Valverde.



 Copia esta lenda no teu procesador de textos e logo realiza as seguintes actividades.

1.- VOCABULARIO.- Explica o significado das seguintes expresións do texto:

1.1.-Chegou un día un mendigo pedindo pousada.
1.2.-Todas as portas se ían pechando ó seu paso.
1.3.-A súa única forma de manutención.
1.4.-Malia que non entendían a razón.
1.5.-A vila de Valverde fica asolada.

2.- COMPRENSIÓN DO TEXTO.

2.1.-Onde se sitúa esta historia.
2.2.-Segundo a lenda, que había antes no sitio no que se atopa agora a lagoa de Cospeito?
2.3.- Que personaxes interveñen na historia.
2.4.- Que dúas cousas  pediu o mendigo?
2.5.- Quen era en realidade o mendigo?
2.6.- Como premiou  a xenerosidade dos membros da humilde casa que o acolleu?
2.7.- Resume brevemente o contido deste texto.

3.- INTERPRETACION DO TEXTO

Sabes que unha lenda é unha narración que se compón de elementos fantásticos e reais e que, en xeral, trata de explicar un feito real.

3.1.- Siñala algún dos moitos elementos fantásticos que contén esta lenda.
3-2.- Que feito real che parece que  trata de explicar?

4.- GRAMÁTICA.- No primeiro paragrafo do texto marca en vermello todos os substantivos, en azul os adxectivos e en verde os verbos.

5.- AMPLIACION DE COÑECEMENTOS.- Pincha esta Ligazón na que atoparás informacion sobre a  Lagoa de Cospeito e escribe un pequeno texto no que fales da súa situación e da flora e da fauna que contén.





domingo, 11 de septiembre de 2011

BENVIDOS A SEXTO DE PRIMARIA

Ola a todos: benvidos a este novo  curso, que xa será, espero que para todos,  o último de Primaria. Nestes primeiros días, repasaremos as cousas máis importantes de quinto e empezaremos por correxir as actividades de vacacións, que agardo que fixerades todos. Imos pinchar esta LIGAZÓN " ACTIVIDADES DE VACACIÓNS "